+ "welcome": "Benvido ó editor iD para o [OpenStreetMap](https://www.openstreetmap.org/). Con este editor podes actualizar o OpenStreetMap de xeito directo dende o teu navegador.",
+ "open_data_h": "Datos abertos",
+ "open_data": "As edicións que faga neste mapa serán visíbeis para todos os que empreguen o OpenStreetMap. As edicións poden basearse no coñecemento persoal, relevo no terreo ou imaxes recollidas de imaxes aéreas ou da rúa. Copiar de fontes comerciais, coma o Google Maps, [está estrictamente prohibido](https://www.openstreetmap.org/copyright).",
+ "before_start_h": "Antes de que comeces",
+ "before_start": "Terías que estar familiarizado co OpenStreetMap e este editor antes de comezar a editar. O iD ten un titorial para ensinarche os conceptos básicos da edición do OpenStreetMap. Preme en \"Comezar o titorial\" nesta pantalla para facer o titorial; só che tomará uns 15 minutos.",
+ "open_source_h": "Código aberto",
+ "open_source": "O editor do iD é un proxecto colaborativo de código aberto e agora estás a empregar a versión {version}. O código fonte está dispoñíbel [no GitHub](https://github.com/openstreetmap/iD).",
+ "open_source_help": "Podes axudar ó iD [traducindo](https://github.com/openstreetmap/iD/blob/master/CONTRIBUTING.md#translating) ou [denunciando erros](https://github.com/openstreetmap/iD/issues)."
+ },
+ "overview": {
+ "title": "Resumo",
+ "navigation_h": "Navegación",
+ "navigation_drag": "Podes arrastrar o mapa premendo e mantendo premido o {leftclick} botón esquerdo do rato e movendo o rato. Tamén se poden empregar as teclas de frecha `↓`, `↑`, `←`, `→` do teclado.",
+ "navigation_zoom": "Podes achegar ou afastar xirando a roda do rato ou o panel táctil, ou premendo nos botóns {plus} / {minus} á beira do mapa. Tamén se poden empregar as teclas `+`, `-` do teclado.",
+ "features_h": "Elementos do mapa",
+ "features": "Empregamos a palabra *elementos* para describir as cousas que aparecen no mapa, coma estradas, construcións ou puntos de interese. Calquera cousa do mundo real pode cartografarse coma un elemento no OpenStreetMap. Os elementos do mapa represéntanse empregando *puntos*, *liñas* ou *áreas*.",
+ "nodes_ways": "No OpenStreetMap, ós puntos ás veces chámaselles *nós*, e as liñas e áreas *vías* ou camiños."
+ },
+ "editing": {
+ "title": "Editar e gardar",
+ "select_h": "Seleccionar",
+ "select_left_click": "{leftclick} Fai clic co botón esquerdo nun elemento para seleccionalo. Isto sinalarao cun brilo pestanexante, e a lapela lateral amosará os detalles sobre ese elemento, coma o seu nome ou enderezo.",
+ "select_right_click": "{rightclick} Fai clic co botón dereito nun elemento para amosar o menú da edición que amosa as ordes ou comandos dispoñíbeis, coma rotar, mover e eliminar.",
+ "multiselect_h": "Selección múltiple",
+ "multiselect_shift_click": "`{shift}`+{leftclick} clic esquerdo para seleccionar varios elementos xuntos. Isto fai que sexa máis doado mover ou eliminar varios elementos.",
+ "multiselect_lasso": "Outro xeito de seleccionar varios elementos é manter premida a tecla `{shift}`, despois manter premido o {leftclick} botón equerdo do rato e arrastrar o rato para debuxar un lazo de selección. Seleccionaranse tódolos puntos dentro da área do lazo.",
+ "undo_redo_h": "Desfacer e refacer",
+ "undo_redo": "As edicións almacénanse de xeito local no navegador até que escollas gardalas no servidor do OpenStreetMap. Para desfacer edicións, preme no botón {undo} **Desfacer** e volve facelas cun clic no botón {redo} **Refacer**.",
+ "save_h": "Gardar",
+ "save": "Preme en {save} **Gardar** para rematar as mudanzas e envialas ó OpenStreetMap. Tes que lembrar gardar o traballo de xeito frecuente!",
+ "save_validation": "Na pantalla de gardar tense a oportunidade de revisar o feito. O iD tamén fará algunhas verificacións básicas dos datos que fallan e pode fornecer suxestións e avisos útis se algo non semella correcto.",
+ "upload_h": "Subir",
+ "upload": "Antes de subir as mudanzas, tes que inserir un [comentario do conxunto de mudanzas](https://wiki.openstreetmap.org/wiki/Good_changeset_comments). Deseguido, preme en **Subir** para enviar as túas mudanzas ó OpenStreetMap, onde se engadirán no mapa e serán públicamente visíbeis para todos.",
+ "backups_h": "Copias de seguridade automáticas",
+ "backups": "Se non consegues rematar as edicións dunha soa vez, por exemplo se a túa computadora falla ou pechas o navegador, as túas edicións aínda se manterán na memoria do navegador. Poderás voltar despois (empregando o mesmo navegador na mesma computadora) e o iD darache a opción de restaurar o teu traballo.",
+ "keyboard_h": "Atallos do teclado",
+ "keyboard": "Podes ollar unha listaxe de atallos do teclado premendo na tecla `?`."
+ },
+ "feature_editor": {
+ "title": "Editor de elementos",
+ "intro": "O *editor de elemento* aparece xunto ó mapa, e permíteche ollar e editar toda a información do elemento escollido.",
+ "definitions": "A lapela de enriba amosa o tipo de elemento. A lapela central contén *campos* que amosan os atributos do elemento, coma o seu nome ou enderezo.",
+ "type_h": "Tipo de elemento",
+ "type": "Podes facer clic no tipo de elemento para mudar o elemento a un tipo diferente. Todo o que existe no mundo real pódese engadir ó OpenStreetMap, polo que hai milleiros de tipos de elementos para elixir.",
+ "type_picker": "A escolla de tipos amosa os tipos de elementos máis comúns, coma parques, hospitais, restaurantes, estradas e construccións. Podes procurar calquera cousa escribindo o que estás a procurar na caixa de procura. Tamén podes premer na icona {inspect} **Información** ó carón do tipo de elemento para obter máis información ó respecto.",
+ "fields_h": "Campos",
+ "fields_all_fields": "A lapela de \"Campos\" contén todos os detalles do elemento que podes editar. No OpenStreetMap, todos os campos son opcionais, e está ben deixar un campo en branco se non estás seguro del.",
+ "fields_example": "Cada tipo de elemento amosará diferentes campos. Por exemplo, unha estrada pode amosar campos para a súa superficie e límite da velocidade, pero un restaurante pode amosar campos para o tipo da comida que serve e o horario no que está aberto.",
+ "fields_add_field": "Tamén podes facer clic no menú despregábel \"Engadir campo\" para engadir máis campos, coma unha descrición, ligazón á Wikipedia, acceso para cadeiras de rodas e demais.",
+ "tags_h": "Etiquetas",
+ "tags_all_tags": "Embaixo da lapela de campos, podes expandir a lapela de \"Etiquetas\" para editar calquera das *etiquetas* do OpenStreetMap para o elemento seleccionado. Cada etiqueta consta dunha *chave* e *valor*, que son os elementos dos datos que definen todo o almacenado no OpenStreetMap.",
+ "tags_resources": "Editar as etiquetas dun elemento precisa dun coñecemento intermedio acerca do OpenStreetMap. Tería que consultar recursos coma a [Wiki do OpenStreetMap](https://wiki.openstreetmap.org/wiki/Main_Page) ou o [Taginfo](https://taginfo.openstreetmap.org/) para obter máis información sobre as prácticas ou costumes aceptadas de etiquetaxe do OpenStreetMap."
+ },
+ "points": {
+ "title": "Puntos",
+ "intro": "Os *puntos* pódense empregar para representar elementos coma tendas, restaurantes e monumentos. Marcan unha localización específica e describen o que hai alí.",
+ "add_point_h": "Engadindo puntos",
+ "add_point": "Para engadir un punto, preme no botón {point} **Punto** na barra das ferramentas sobre o mapa, ou preme a tecla do método abreviado `1`. Isto trocará o cursor do rato nun símbolo dunha cruz.",
+ "add_point_finish": "Para poñer o novo punto no mapa, pon o cursor do rato onde ten que ir o punto, despois {leftclick} fai clic co botón esquerdo do rato ou preme `Espazo`.",
+ "move_point_h": "Movendo puntos",
+ "move_point": "Para mover un punto, pon o cursor do rato sobre o punto e despois mantén premido o {leftclick} botón equerdo do rato mentres arrastras o punto cara a súa nova localización.",
+ "delete_point_h": "Eliminando puntos",
+ "delete_point": "Está ben eliminar os elementos que non se atopan no mundo real. Ó eliminar un elemento do OpenStreetMap, elimínase do mapa que todos empregan, polo que ten que estar na certeza de que o elemento en verdade non exista denantes de eliminalo.",
+ "delete_point_command": "Para eliminar un punto, {rightclick} fai clic co botón dereito no punto para escollelo e amosar o menú da edición, despois emprega a orde ou comando {delete} **Eliminar**."
+ },
+ "lines": {
+ "title": "Liñas",
+ "intro": "As *liñas* empréganse para representar elementos tales coma estradas, ferrocarrís e ríos. As liñas teñen que debuxarse no centro do elemento que representan.",
+ "add_line_h": "Engadindo liñas",
+ "add_line": "Para engadir unha liña, preme no botón {line} **Liña** na barra das ferramentas enriba do mapa, ou preme a tecla de método abreviado `2`. Isto trocará o cursor do rato nun símbolo dunha cruz.",
+ "add_line_draw": "Deseguido, pon o cursor do rato onde debe comezar a liña e {leftclick} fai clic co botón esquerdo do rato ou preme `Espazo` para comezar a poñer nós ó longo da liña. Prosegue poñendo máis nós facendo clic ou premendo `Espazo`. Mentres debuxas, podes achegar ou arrastrar o mapa para engadir máis detalles.",
+ "add_line_finish": "Para rematar unha liña, preme `{return}` ou fai clic de novo no derradeiro nó.",
+ "modify_line_h": "Modificando as liñas",
+ "modify_line_dragnode": "Decote verás liñas que non teñen a forma axeitada, por exemplo, unha estrada que non coincide cas imaxes do fondo. Para axustar a forma dunha liña, primeiro fai clic co {leftclick} botón esquerdo para seleccionala. Tódolos nós da liña debuxaranse coma pequenos círculos. Deseguido, podes arrastrar os nós cara localizacións mellores.",
+ "modify_line_addnode": "Tamén podes crear novos nós ó longo dunha liña mediante {leftclick}**x2** facendo dobre clic na liña ou arrastrando os triángulos pequenos nos puntos medios entrambos nós.",
+ "connect_line_h": "Conectando as liñas",
+ "connect_line": "Ter as estradas conectadas de xeito correcto é importante para o mapa e esencial para fornecer boas indicacións de condución nos GPS.",
+ "connect_line_display": "As conexións entre estradas están debuxadas con círculos grises. Os puntos derradeiros dunha liña debúxanse con círculos brancos máis grandes se non se conectan a ren.",
+ "connect_line_drag": "Para conectar unha liña a otro elemento, arrastra un dos nós da liña ó outro elemento até que ámbolos dous se xunten. Consello: Podes manter premida a tecla `{alt}` para evitar que os nós se conecten a outros elementos.",
+ "connect_line_tag": "Se sabes que a conexión ten semáforos ou cruzamentos peonís, podes engadilos seleccionando o nó de conexión e empregando o editor de elementos para escoller o tipo de elemento axeitado.",
+ "disconnect_line_h": "Desconectando as liñas",
+ "disconnect_line_command": "Para desconectar unha estrada doutro elemento, {rightclick} fai clic co botón dereito no nó de conexión e escolle a orde ou comando {disconnect} **Desconectar** do menú da edición.",
+ "move_line_h": "Movendo as liñas",
+ "move_line_command": "Para mover unha liña enteira, fai clic {rightclick} botón dereito na liña e escolle a orde ou comando {move} **Mover** do menú da edición. Deseguido, move o rato e fai clic co {leftclic} botón esquerdo para poñer a liña nunha nova localización.",
+ "move_line_connected": "As liñas que están conectadas a outros elementos ficarán conectadas mentres moves a liña cara unha nova localización. O iD pode evitar que movas unha liña a través doutra liña conectada.",
+ "delete_line_h": "Eliminando as liñas",
+ "delete_line": "Se unha liña está incorrecta de xeito completo, por exemplo, unha ruta que non existe no mundo real, está ben eliminala. Ten coitadiño ó eliminar elementos: as imaxes do fondo que está a empregar poderían ficar desactualizadas, e unha estrada que semella estar mal podería sinxelamente estar recén construída.",
+ "delete_line_command": "Para eliminar unha liña, fai clic co {rightclick} botón dereito na liña para seleccionala e amosar o menú da edición, despois emprega a orde ou comando {delete} **Eliminar**."
+ },
+ "areas": {
+ "title": "Áreas",
+ "intro": "As **áreas** empréganse para amosar os límites de elementos coma lagoas, edificios e áreas residenciais. As áreas teñen que debuxarse arredor da beira do elemento que representan, por exemplo, arredor da base dun edificio.",
+ "point_or_area_h": "Puntos ou áreas?",
+ "point_or_area": "Moitos elementos pódense representar coma puntos ou áreas. Tes que cartografar os edificios e as contornas da propiedade coma áreas sempre que sexa posíbel. Pon puntos dentro da área do edificio para representar negocios, instalacións e outros elementos ubicados dentro do edificio.",
+ "add_area_h": "Engadindo áreas",
+ "add_area_command": "Para engadir unha área, preme no botón {area} **Área** na barra das ferramentas enriba do mapa, ou preme a tecla de método abreviado `3`. Isto trocará o cursor do rato nun símbolo dunha cruz.",
+ "add_area_draw": "Deseguido, pon o cursor do rato nunha das esquinas do elemento e {leftclick} fai clic co botón esquerdo ou preme `Espazo` para comezar a colocar nós arredor do bordo exterior da área. Prosegue pondo máis nós faciendo clic ou premendo `Espazo`. Mentres debuxas, podes achegar ou arrastrar o mapa para engadir máis detalles.",
+ "add_area_finish": "Para rematar unha área, preme `{return}` ou fai clic novamente no primeiro ou derradeiro nó.",
+ "square_area_h": "Esquinas cadradas",
+ "square_area_command": "Moitos elementos da área, coma edificios, teñen esquinas cadradas. Para encadrar as esquinas dunha área, fai clic {rightclick} co botón dereito na beira da área e escolle a orde ou comando {orthogonalize} **Encadrar** no menú da edición.",
+ "modify_area_h": "Modificando áreas",
+ "modify_area_dragnode": "Decote verás áreas que non teñen a forma axeitada, por exemplo, un edificio que non coincide cas imaxes do fondo. Para axustar a forma dunha área, primeiro, fai clic no {leftclick} botón esquerdo do rato para seleccionala. Tódolos nós da área debuxaranse coma pequenos círculos. Deseguido, podes mover os nós cara localizacións mellores.",
+ "modify_area_addnode": "Tamén podes crear novos nós ó longo dunha área mediante {leftclick} **x2** faciendo dobre clic no bordo da área ou arrastrando os triángulos pequenos nos puntos medios entrambos nós.",
+ "delete_area_h": "Eliminando áreas",
+ "delete_area": "Se unha área é completamente incorrecta, por exemplo, un edificio que non existe no mundo real, está ben que se elimine. Ten coitadiño ó eliminar elementos: as imaxes do fondo que está a empregar poden ficar desactualizadas, e un edificio que semella incorrecto podería sinxelamente estar recén construído.",
+ "delete_area_command": "Para eliminar unha área, fai clic co {rightclick} botón dereito na área para seleccionala e amosar o menú da edición, despois emprega a orde ou comando {delete} **Eliminar**."
+ },
+ "relations": {
+ "title": "Relacións",
+ "intro": "Unha *relación* é un tipo especial de elemento no OpenStreetMap que agrupa outros elementos. Os elementos que pertencen a unha relación chámanse *membros*, e cada membro pode ter un *rol* na relación.",
+ "edit_relation_h": "Editando as relacións",
+ "edit_relation": "Na beira inferior do editor de elementos, podes expandir a lapela de \"Relacións\" para ollar se o elemento seleccionado é membro dalgunha relación. Despois podes facer clic na relación para seleccionala e editala.",
+ "edit_relation_add": "Para engadir unha relación a un elemento, selecciónao, despois fai clic no botón {plus} engadir na lapela de \"Relacións\" do editor de elementos. Podes escoller dunha listaxe de relacións preto de ti, ou escoller a opción \"Nova relación...\".",
+ "edit_relation_delete": "Tamén podes premer no botón {delete} **Eliminar** para eliminar o elemento escollido da relación. Se eliminas tódolos membros dunha relación, a relación eliminarase de xeito automático.",
+ "maintain_relation_h": "Mantendo as relacións",
+ "maintain_relation": "Na súa meirande parte, o iD manterá relacións de xeito automático mentres edita. Debes ter coidado ó substituír os elementos que poderían ser membros das relacións. Por exemplo, se eliminas un treito da estrada e debuxa un novo treito da estrada para substituíla, tes que engadir o novo treito ás mesmas relacións (rutas, restricións de xiro, etc.) que a orixinal.",
+ "relation_types_h": "Tipos de relacións",
+ "multipolygon_h": "Multipolígonos",
+ "multipolygon": "Unha relación *multipolígono* é un grupo duns ou máis elementos *externos* e un ou máis elementos internos. Os elementos externos ('outer') definen as beiras exteriores do multipolígono, e os elementos internos ('inner') definen subáreas ou buracos recortados no interior do multipolígono.",
+ "multipolygon_create": "Para xerar un multipolígono, por exemplo, un edificio cun buraco, debuxa o bordo externo coma unha área e o bordo interior coma unha liña ou un tipo diferente da área. Despois `{shift}`+{leftclick} fai clic co botón esquerdo para seleccionar ambos elementos, fai clic co {rightclick} botón dereito no menú para amosar o menú da edición e escolle a orde ou comando {merge} **Combinar**.",
+ "multipolygon_merge": "Combinar varias liñas ou áreas xerará unha nova relación multipolígono con tódalas áreas escollidas coma membros. O iD elixirá os roles internos ('inner') e externos ('outer') de xeito automático, en función dos elementos que se atopan dentro doutros elementos.",
+ "turn_restriction_h": "Restricións de xiro",
+ "turn_restriction": "Unha relación de *restrición de xiro* é un grupo de varios segmentos de camiño nun cruzamento. As restricións de xiro constan dun camiño *dende*, nó ou estradas *vía*, e un camiño *até*.",
+ "turn_restriction_field": "Para editar restricións de xiro, selecciona un nó de unión onde dous ou máis camiños se crucen. O editor de elementos amosará un campo especial \"Restricións de xiro\" que contén un modelo de cruzamento.",
+ "turn_restriction_editing": "No campo \"Restricións de xiro\", fai clic para escoller un camiño \"dende\", e mira se os xiros están permitidos ou restrinxidos a calquera das estradas \"até\". Podes facer clic nas iconas de xiro para trocar entre permitido e restrinxido. O iD xerará relacións de xeito automático e estabelecerá os 'dende', vía e roles segundo as túas escollas.",
+ "route_h": "Rutas",
+ "route": "Unha relación *Ruta* é un grupo dun ou máis elementos de liña que xuntas forman unha rede de rutas, coma unha ruta de bus, unha ruta de tren ou unha ruta de estrada.",
+ "route_add": "Para engadir unha relación de ruta a un elemento, selecciona o elemento e desprázate cara abaixo cara a lapela de \"Relacións\" do editor de elementos, despois fai clic no botón {plus} engadir para engadir a este elemento unha relación existente preto de ti ou unha nova relación.",
+ "boundary_h": "Fronteiras",
+ "boundary": "Unha relación *límite* é un grupo dun ou máis elementos de liña que xuntas forman un límite administrativo.",
+ "boundary_add": "Para engadir unha relación de límite a un elemento, selecciona o elemento e desprázate cara abaixo cara a lapela de \"Relacións\" do editor de elementos, despois fai clic no botón {plus} engadir para engadir a ese elemento unha relación existente preto de ti ou unha nova relación."
+ },
+ "notes": {
+ "title": "Notas",
+ "intro": "As *Notas* empréganse para a dár un sinal de aviso a outros usuarios de que un elemento ten ser corrixido ou precisa dunha atención. As notas sinalan unha localización específica no mapa. Para ollar as notas existentes ou engadir novas, preme na lapela {data} **Datos do mapa** para activar a capa das notas do OpenStreetMap.",
+ "add_note_h": "Engadir notas",
+ "add_note": "Para engadir unha nova nota, preme no botón {note} **Nota** na barra das ferramentas enriba do mapa, ou preme na tecla de atallo `4`. Isto trocará o cursor do rato cara un símbolo dunha cruz. Para poñer a nova nota no mapa, pon o cursor do rato onde debe ir a nota, despois fai clic co {leftclick} botón esquerdo do rato ou preme `Espazo`.",
+ "move_note": "Só se poden mover as notas novas. Para mover unha nota, pon o cursor do rato sobre a nova nota, despois preme e mantén premido o {leftclick} botón esquerdo do rato mentres arrastras a nota cara á súa nova localización.",
+ "update_note_h": "Peche, reapertura e comentarios",
+ "update_note": "Unha nota existente pódese actualizar pechándoa, voltando a abrila ou engadíndolle un comentario. Pechar unha nota indica que o erro foi resolto. A reapertura dunha nota indica que o erro orixinal non está resolto.",
+ "save_note_h": "Gardar as notas",
+ "save_note": "Debes gardar as edicións de notas de xeito individual premendo nos botóns que se atopan debaixo dos comentarios da nota. As edicións de nota **non** se inclúen nos conxuntos de mudanzas que se soben ó OpenStreetMap."
+ },
+ "imagery": {
+ "title": "Imaxes do fondo",
+ "intro": "As imaxes do fondo que aparecen embaixo dos datos do mapa son un recurso importante para o cartografado. Estas imaxes poden ser imaxes aéreas recompiladas de satélites, avións e avións non tripulados ou drons, ou poden ser mapas históricos escaneados ou outros datos de orixe dispoñíbeis libremente.",
+ "sources_h": "Fontes de imaxes",
+ "choosing": "Para ollar que fontes de imaxes están dispoñíbeis para editar, preme no botón {layers} **Axustes do fondo** no costado do mapa.",
+ "sources": "De xeito predeterminado, escóllese a capa de satélite [Bing Maps](https://www.bing.com/maps/) coma imaxe do fondo. Dependendo de onde esté editando, outras fontes de imaxes estarán dispoñíbeis. Algunhas poden ser máis recentes ou ter unha resolución máis alta, polo que sempre é útil verificar que capa é a mellor para empregar coma referenza do cartografado.",
+ "offsets_h": "Axustar o desprazamento das imaxes",
+ "offset": "As imaxes ás veces están lixeiramente desprazadas con respecto ós datos precisos do mapa. Se ollas unha grande cantidade de estradas ou edificios desprazados das imaxes do fondo, pode ser que as imaxes sexan incorrectas, polo que non as movas para que coincidan co fondo. No seu lugar, podes axustar o fondo para que coincida cos datos existentes ó expandir a lapela \"Axustar desprazamento das imaxes\" na beira de embaixo da lapela dos Axustes do fondo.",
+ "offset_change": "Preme nos triángulos pequenos para axustar o desprazamento das imaxes en pequenos intervalos, ou mantén premido o {leftclick} botón esquerdo do rato e arrastra dentro do cadrado gris para escorregar as imaxes cara a aliñación."
+ },
+ "streetlevel": {
+ "title": "Imaxes ó nivel da rúa",
+ "intro": "As imaxes a nivel de rúa son útis para cartografar sinais de tráfico, negocios e outros detalles que non se poden ollar dende imaxes satelitais e aéreas. O editor do iD admite imaxes a nivel de rúa do [Bing Streetside](https://www.microsoft.com/en-us/maps/streetside), [Mapillary](https://www.mapillary.com) e [OpenStreetCam](https://www.openstreetcam.org).",
+ "using_h": "Empregando imaxes ó nivel da rúa",
+ "using": "Para empregar imaxes a nivel de rúa para cartografar, preme na lapela {data} **Datos do mapa** no costado do mapa para habilitar ou deshabilitar as capas de imaxes dispoñíbeis.",
+ "photos": "Cando está habilitada, a capa da imaxe amosa unha liña ó longo da serie de imaxes. Nos niveis do achegamento máis altos, indícase cun círculo en cada imaxe a ubicación, e nos niveis do achegamento aínda máis altos, indícase cun cono a dirección que á que ficou mirando a cámara cando se tomou a imaxe.",
+ "viewer": "Cando premes nunha das ubicacións das imaxes, aparece un visor de imaxes na esquina de embaixo do mapa. O visor de imaxes contén controis para ir cara avante e voltar na secuencia das imaxes. Tamén amosa o nome do usuario da persoa que fixo a imaxe, a data na que foi feita e unha ligazón para ollar a imaxe no sitio orixinal."
+ },
+ "gps": {
+ "title": "Pistas de GPS",
+ "intro": "As pistas do GPS recollidas son unha valiosa fonte de datos para o OpenStreetMap. Este editor admite ficheiros * .gpx *, * .geojson * e * .kml* na túa computadora local. Podes recompilar pistas de GPS cun teléfono móbil intelixente, reloxo deportivo ou outros aparellos GPS.",
+ "survey": "Para obter información sobre de que xeito facer unha revisión con GPS, le [Cartografado cun teléfono móbil intelixente, GPS ou papeis](http://learnosm.org/en/mobile-mapping/).",
+ "using_h": "Empregando as pistas de GPS",
+ "using": "Para empregar unha pista do GPS para o cartografado, arrastra e solta o ficheiro dos datos no editor de mapas. Se o recoñece, debuxarao no mapa coma unha liña violeta brilante. Preme na lapela {data} **Datos do mapa** na beira do mapa para habilitar, deshabilitar ou achegar aos teus datos do GPS.",
+ "tracing": "A pista do GPS non se envía ó OpenStreetMap; a mellor maneira de empregala é debuxar no mapa empregándoa coma unha guía para os novos elementos que engadas.",
+ "upload": "Tamén podes [subir os teus datos do GPS ó OpenStreetMap](https://www.openstreetmap.org/trace/create) para que os empreguen outros usuarios."
+ },
+ "qa": {
+ "title": "Control de calidade",
+ "intro": "As ferramentas de *control de calidade* (Q/A) poden atopar etiquetas non axeitadas, estradas desconectadas e outros erros co OpenStreetMap que poderán arranxar os cartógrafos. Para ollar os erros das ferramentas de *control de calidade* (Q/A) existentes, preme no taboleiro {data} **Datos do mapa** para habilitar unha capa específica das ferramentas.",
+ "tools_h": "Ferramentas",
+ "tools": "As ferramentas que son actualmente compatíbeis son: O [KeepRight](https://www.keepright.at/index.php?lang=gl), o [ImproveOSM](https://improveosm.org/en/) e o [Osmose](http://osmose.openstreetmap.fr/gl/map/).",
+ "issues_h": "Manexo de erros",
+ "issues": "O manexo de erros das ferramentas de *control de calidade* (Q/A) é semellante ó manexo de notas. Preme nunha marcaxe para ollar na lapela lateral os detalles do erro. Cada ferramenta ten as súas propias capacidades, pero xeralmente podes comentar e/ou pechar un erro."